
Durante esta semana, coincidido coa celebración o xoves 23 do Día do Libro, estivemos desenvolvendo distintas actividades en todas as etapas educativas.
En infantil, durante toda a semana, invitamos as familias a contarcontos e confeccionamos marcapáxinas moi orixinais. Os nenos e nenas de 6º de Infantil visitaron a biblioteca González Garces.
En primaria fixemos distintas actividades para traballar o Día do Libro. Os máis peques da etapa reuníronse para compartir os títulos dos seus contos favoritos. Cada un puido contar as historias que máis lle gustaban e por qué. Despois, organizados en pequenos grupos compartiron un momento de lectura onde descubriron novas historias e coñeceron contos novos.
No segundo ciclo estivemos a facer unhas rosas que puidemos levar a casa e tamén compartimos aqueles libros que máis nos gustaban.
No terceiro ciclo da etapa tamén falaron e compartiron os seus títulos e libros favoritos. E os maiores de 6º, fixeron unha dinámica na que crearon os capítulos da súa propia historia persoal.
O alumnado de Secundaria e Bacharelato elaborou un mural con citas de célebres escritores e personaxes literarios, ademáis de nomear títulos dos libros que máis lles impactaran a título personal.
Actividades plurilingues en inglés, francés, castelán e galego que busca fomentar a lectura e mantener o interese pola literatura.



