
Nesta ligazón facilitámosvos a información e documentación precisa para tramitar a solicitude de praza: https://colegio.salesianoscoruna.es/admision/ Tamén podedes consultar a relación de postos vacantes para cada curso e o calendario do proceso ordinario de admisión. Para calquera cuestión, convidámosvos a contactar connosco para recibir máis información.
Un proxecto educativo que forma persoas
Cremos firmemente nunha formación integral, onde cada dimensión do alumnado é importante. O noso obxectivo é acompañar a cada estudante no seu crecemento académico, persoal e emocional, ofrecendo unha contorna próxima, motivador e cheo de oportunidades. Presentámosvos un vídeo do noso proxecto educativo, onde explicamos a nosa forma de ensinar, os nosos valores e a nosa maneira de entender a educación. Porque educar é moito máis que ensinar contidos: é formar persoas completas, seguras, creativas e comprometidas.
Aprender facendo: Feira de Proxectos
Un dos momentos máis representativos do curso é a nosa Feira de Proxectos, unha mostra do traballo, a creatividade e o esforzo do noso alumnado. É o reflexo dunha metodoloxía activa, onde aprender significa investigar, experimentar, colaborar e comunicar. Convidámosvos a ver este vídeo recompilatorio da Feira de Proxectos, que recolle algúns dos momentos académicos máis significativos do curso.
Vivir o colexio: as nosas festas e momentos compartidos
No noso colexio, a educación tamén se vive nos patios, no escenario, no campo de xogo e en cada celebración compartida. As festas, convivencias e actividades lúdicas forman parte esencial da experiencia educativa, porque fortalecen a amizade, o compañeirismo e o sentido de pertenza. Compartimos tamén un vídeo recompilatorio dalgúns dos nosos momentos máis especiais e festivos, onde se reflicte a alegría de vivir o colexio en comunidade.
Forman parte tamén do noso ambiente para gozar do tempo libre a Sala Aberta, nos nosos recreos chuviosos, o Club Deportivo Salesianos Coruña ou o Centro Xuvenil Abeiro, como oferta de lecer formativo para as fins de semana, campamentos…





