2ºBTO visita o INBIC

214

O noso alumnado regresou profundamente ilusionado e motivado tras coñecer de primeira man o labor científico que desenvolven. Para moitos deles supuxo descubrir unha realidade que descoñecían: que España non só forma científicos altamente cualificados que contribúen ao avance do coñecemento en todo o mundo, senón que tamén é un referente internacional ao que acoden investigadores para formarse e colaborar en proxectos punteiros.

Coñecer as súas investigacións en ámbitos como a medicina, a xenética e a bioloxía, así como os avances na loita contra o cancro, o desenvolvemento de próteses adaptadas para mellorar a calidade de vida de persoas con artrose ou iniciativas como os proxectos de proteómica, foi unha experiencia inspiradora que, sen dúbida, marcará o futuro académico e profesional de moitos dos nosos alumnos.

Visitas como esta non só achegan a ciencia á mocidade, senón que tamén espertan vocacións e reforzan a confianza no enorme potencial investigador do noso país.

Previous articleObradoiro con ADAFAD en 5º EP
Next articleMANS UNIDAS, DECLARA A GUERRA Á FAME