Obradoiro con ADAFAD en 5º EP

184

Esta mañá, o alumnado de 5º de Educación Primaria participou nun obradoiro moi interesante impartido por ADAFAD baixo o título “A mellor estratexia, o xogo”, centrado na prevención e nos riscos asociados ao uso dos videoxogos.

Ao longo da sesión, os nenos e nenas reflexionaron sobre a importancia de facer un uso responsable das pantallas, aprendendo a establecer límites axeitados, a organizar o tempo de lecer e a diferenciar entre un uso saudable e un uso excesivo dos videoxogos. A través de dinámicas participativas e exemplos prácticos, fomentouse o pensamento crítico e o diálogo arredor dun tema moi presente no seu día a día.

Este tipo de iniciativas resultan fundamentais para acompañar ao alumnado na adquisición de hábitos dixitais responsables, promovendo unha relación equilibrada coa tecnoloxía.

Foi, sen dúbida, unha experiencia moi enriquecedora que contribúe á súa formación integral.

Previous article3º e 4º EP visitan a granxa escola Serantellos
Next article2ºBTO visita o INBIC