Titorías 2º ESO – ADAFAD

125

O obradoiro impartido pola asociación ADAFAD ao alumnado de 2.º de ESO durante as sesións de titoría das últimas semanas tivo como finalidade fomentar decisións responsables e saudables no uso das redes sociais e dos videoxogos, empregando para iso unha metodoloxía apoiada en actividades TRIC.
Ao longo das sesións abordáronse temas como o lecer dixital, o uso do teléfono móbil e das redes sociais, así como distintos aspectos dos xogos e videoxogos: atención, concentración, interaccións en liña, cansazo, a súa posible relación con cambios na conduta, adicción e potenciais riscos dalgúns deles e a súa conveniencia segundo a idade.
Unhas actividades formativas que contribúen á educación integral do noso alumnado.

Previous articleConvivencias de 2.º de Bacharelato no Mosteiro de Bergondo
Next articleTitorías 3º ESO “Infiltrados na rede”