
En Primaria estivemos a reflexionar sobre o 25 N e realizamos distintas dinámicas para concienciarnos sobre a importancia de poñer todos da nosa parte para eliminar calquera tipo de violencia. Todos tiñamos claro a mensaxe: Non á violencia contra a muller.
Educamos e traballamos para que as nenas do mundo poidan vivir libres, nunha sociedade xusta e igualitaria, sen medos, sen barreiras.



