Xornada de convivencias 2º ESO

114

O xoves 23 de outubro, o noso alumnado reuniuse en Gandarío para vivir unha xornada moi especial dedicada a algo que, ás veces, resulta difícil de afrontar: os sentimentos.

Pola mañá traballamos con diferentes recursos artísticos —imaxes, música, teatro e audio— para recoñecer e expresar as emocións e comprender como inflúen no noso día a día. A través de dinámicas participativas, reflexionamos sobre o que sentimos e sobre a importancia de saber identificalo e comunicalo.

Xa pola tarde, afondamos na idea de que as nosas relacións cos demais tamén afectan aos seus sentimentos, aprendendo a empatizar e a coidar o noso entorno emocional. A xornada rematou cunha visualización guiada, que nos permitiu viaxar mentalmente por distintos momentos das nosas vidas e revivir as emocións asociadas a eles.

Non faltou tampouco o tempo para convivir e compartir xogos e deportes cos compañeiros de 1.º da ESO: fútbol, baloncesto, volei… Un día diferente, cheo de aprendizaxe, reflexión e amizade, que todos e todas aproveitamos ao máximo.

Previous articleCelebrando o Samaín
Next articleGraduation day! Bacharelato Dual Americano.