Aula Maker: o corazón do proxecto Polos Creativos

173

No noso centro, a innovación e a creatividade non son só palabras, senón accións. Por iso, estamos emocionados de presentar o noso flamante Aula Maker, un espazo único que se converteu no núcleo do noso proxecto Polos Creativos. Esta aula non é só un lugar, senón un “entorno” onde a tecnoloxía, a imaxinación e o traballo en equipo únense para transformar a educación.

Que fai especial ao Aula Maker?
O Aula Maker é moito máis que unha aula. É un taller (de ideas), un laboratorio (de creación) e un espazo onde os estudantes poden dar vida aos seus proxectos máis ambiciosos. Equipada con ferramentas como:

  • Impresora 3D para materializar deseños desde cero.
  • Cortadora láser para crear pezas precisas e persoalizadas.
  • Robots e kits de robótica que desafían aos estudantes a pensar en grande.
  • Sensores, placas Arduino e micro:bit para explorar o mundo da electrónica e a programación.
  • Equipos de gravación e edición de vídeo, incluíndo croma, para proxectos audiovisuais.
  • Ferramentas de fabricación dixital que permiten prototipar e construír solucións.

Polos Creativos: onde as ideas cobran vida
O Aula Maker é o corazón dos Polos Creativos, un proxecto que fomenta a creatividade, a colaboración e o pensamento crítico a través da resolución de problemas, o deseño de prototipos e a construción de resultados. Aquí, os estudantes non só aprenden, senón que tamén experimentan, investigan e crean. Formamos parte deste proxecto que nace como proposta da Xunta de Galicia, sumándonos aos máis de 1000 centros escolares da nosa rexión. Non obstante, queremos ir máis alá. Non só pretendemos integrar as tecnoloxías STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), senón tamén fomentar un enfoque integral que combine a arte, as humanidades e a creatividade, a resolución de problemas… Queremos que os nosos alumnos e alumnas non só sexan consumidores de tecnoloxía, senón creadores, innovadores e pensadores críticos capaces de resolver problemas reais e contribuír ao mundo que os rodea.

Actividades destacadas
Este curso, o Aula Maker xa está sendo o nexo de proxectos en todos os niveis educativos. Por exemplo, en Secundaria e Bacharelato destacamos:

  • 1º de ESO: Os máis novos de secundaria deseñaron e imprimiron en 3D obxectos navideños, demostrando que a creatividade non ten idade. Tamén deseñaron uns reloxos para as aulas: madeira, materiais reciclados, deseños en 3D…
  • 2º de ESO: Utilizando placas micro:bit, os estudantes deseñaron elementos navideños interactivos, combinando programación e deseño en proxectos cheos de innovación.
  • 3º de ESO: Os alumnos convertéronse en desenvolvedores de videoxogos, deseñando e programando os seus propios xogos desde cero.
  • 4º de ESO: Gravando e editando podcasts, exploraron o mundo do audio dixital e a comunicación. Tamén están en proceso de deseño de robots.
  • 1º de Bacharelato: Cun equipo de gravación e edición de vídeo, incluíndo croma, os estudantes crearon un vídeo explicativo sobre os compoñentes de hardware dun equipo informático, demostrando habilidades técnicas e creativas de alto nivel.
  • 2º de Bacharelato: Utilizando sensores e placas micro:bit, están desenvolvendo robots que integran tecnoloxía avanzada.
  • Proxecto “Crea a túa medalla 3D”: Unha iniciativa que involucra a todo o centro, desde Infantil ata Secundaria, no deseño e creación de medallas utilizando impresión 3D.

Pero noutras etapas tamén están a traballar os Polos Creativos. Por exemplo os máis cativos, en Infantil, fixeron experimentos coas ondas, a electricidade estática, as construccións con series e obxectos, a refracción na auga… Tamén en Primaria están inmersos nun proxecto moi divertido sobre o corpo humano, e outra morea de actividades…

Seguimos comprometidos cunha educación que prepare aos nosos estudantes para os desafíos do futuro. Con Polos Creativos e o noso Aula Maker, non só estamos ensinando, senón que tamén estamos inspirando á próxima xeración de innovadores.

Porque aquí, a creatividade non ten límites!

Previous article8M Día Internacional da Muller
Next articleGracias ao AMPA pola visita ao Centro Oceanográfico