2º EP nun obradoiro do museo de Belas Artes

93

O mércores pola mañá os nenos e nenas de 2° visitamos o museo de Belas Artes.

Ao chegar, explicáronnos que tiñamos unha misión na que poder axudarlles. Recibiran uns audios de Lupi, que viñera á Terra desde outro planeta, o Planeta Sen Memoria, e necesitaba que lle axudásemos a entender o museo para poder crear un no seu planeta.

Deste xeito, fomos facendo un percorrido por distintas salas e obras de arte do museo onde aprendemos unha chea de cousas: as mesturas de cores, as historias que contan as obras de arte, técnicas para facer retratos, maneiras de facer esculturas…

Encantounos poder gozar do museo, coñecer algunhas das súas obras de arte e as técnicas que empregan. E por suposto, poder axudar a Lupi a coñecer como son os nosos museos e darlle ideas para crear un novo museo no seu planeta.

Previous article“Compartir é a nosa maior riqueza”, campaña solidaria de Mans Unidas
Next articleEntroido