
Hoxe os alumnos de 2º e 3º de ESO gozaron dun concerto didáctico sobre o Rock, en colaboración coa escola Rock school da Coruña. Puideron escoitar, e mesmo bailar, algúns dos temas máis representativos de cada década como Jonny B. Good, Sweet Chil Ou’Mine, Jump e Another one bites the Dust. Ademais, aprenderon como funcionan e como soan os instrumentos dunha banda de rock: guitarra eléctrica, baixo, batería, teclado e voz.



