Día do Carisma, cunha despedida ‘carismática’

110

Nesta tarde do mércores 22 de xaneiro, na nosa casa salesiana de A Coruña, celebramos xuntos o día do Carisma. 

É un momento de convivencia compartido entre os distintos ambientes de casa, na que por medio do Aguinaldo do Reitor Maior lembramos a figura de San Francisco de Sales e de Don Bosco. 

A xornada comezou coa presentación de Xabi Blanco, director da casa, do Aguinaldo do Reitor Maior. Tralo seu visionado, temos un momento de diálogo sobre o mesmo e a invitación de Luis Pernas, Coordinador de Pastoral da obra, de participar o día 1 de febreiro na festa común de Don Bosco na cidade da Coruña. A continuación, houbo un momento compartido no comedor. Para rematar a tarde, participamos na celebración parroquial da eucaristía. 

Aproveitamos a xornada para despedir a Salvador, salesiano que despois de 13 anos na obra de Coruña e na parroquia de María Auxiliadora, se trasaladará á casa de maiores de León. 

Feliz festa de San Francisco de Sales e viva Don Bosco!

Presentado el cartel del Aguinaldo 2025 - Salesianos España

 

Previous articleEducación vial en 6ºEI
Next articleConcerto didáctico roquero