
Nas clases de 5 anos os venres dedicamos a mañá a facer algo divertido. Un venres convertémonos en Piratas que saían na busca dun tesouro… Construímos un barco de papel e puxémonos a navegar, pero facía moooito moito calor, así que quitamos a camiseta e… a camiseta saíu voando!
Outro venres fixemos uns monstros moi graciosos que parecía que tiñan moita fame de… galletas. E para celebrar o Samaín elaboramos un morcego que movía as ás.
Estamos desexando que cheguen os venres, pásamolo en grande!



