
A Fundación Juan Soñador pasou esta semana polas aulas de 1º de Bacharelato. O obxectivo da actividade era concienciar sobre a importancia do voluntariado e informar sobre as opcións que nós podemos tomar con 16 anos.
Descubrimos que podemos facer moito sen saír da nosa casa salesiana. Grazas Iara, Andrea e Claudia pola vosa visita.



