Comezando o proxecto “Contos audiovisuais infantís”

120

O alumnado de 4ºESO comezou o proxecto Contos audiovisuais infantís, que van levar a cabo en colaboración cos nenos da Escola Infantil Zalaeta e cos de 4ºEI do noso cole. Trátase dun proxecto interdisciplinar de aprendizaxe-servizo co obxectivo de elaborar uns contos audiovisuais infantís, en base ás preferencias dos máis pequenos.

Nesta primeira visita, traballamos, xunto coas súas profesoras, a temática da que lles gustaría que tratasen os contos, as características dos personaxes que poden aparecer, a ambientación da historia… 

Máis adiante, durante o proceso de creación dos contos audiovisuais, seguiremos en contacto con eles para adaptar as historias ás preferencias dos pequenos.

O noso alumnado está moi motivado con este proxecto de aprendizaxe-servizo: Tanto os peques coma os maiores remataron moi contentos esta primeira etapa, e os creadores dos contos están desexando xa poñerse a traballar con eles!

Unha vez que finalicen as súas creacións, convidaremos dende o centro aos nenos e as súas profes á proxección dos contos audiovisuais no teatro do noso colexio Salesianos.

Previous articleConvivencias 1ºESO
Next articleConvivencias 2º Bto.