Viaxe Reino Unido 1º e 2º ESO

142
Os primeiros días de setembro un grupo de 16 alumnos de 1 e 2ESO acompañados pola profesora María Roca gozaron dunha viaxe de inmersión lingüística no Reino Unido, concretamente en Canterbury. Durante estes 10 días tiveron tempo para todo: foron a clases pola mañá e tiveron diferentes actividades pola tarde e pola noite ( manualidades, deportes, cinema, xogos…). Conviviron na residencia con alumnos doutras nacionalidades, italianos e xaponeses, e puxeron en práctica todas as súas habilidades co idioma estranxeiro. A fin de semana era o momento de coñecer diferentes lugares como o castelo de Dover, a aldeíña costeira de Ramsgate, o centro de Canterbury coa súa famosa catedral e a tan desexada excursión a Londres. Foron uns días fantásticos nos que os alumnos puideron empaparse da cultura inglesa e gozar a experiencia fóra de casa. Todos e todas chegaron con ganas de repetir, xa están a pensar na seguinte viaxe!

Aquí deixámosvos un vídeo recompilatorio dalgunhas das actividades organizadas polo equipo de plurilingüismo do colexio, levadas a cabo o curso pasado en todas as etapas, desde educación infantil ata bacharelato.

Previous articleInauguración Curso 24-25: Somos Futuro!
Next articlePresentación Centro Xuvenil Abeiro