Creamos Letras Galegas para celebralas!

122
Hoxe, os nenos e nenas, de infantil e primaria, homenaxearon a escritora Luísa Villalta no seu día facendo un gran mural que acabou exposto no patio, onde poderedes descubrir a Luísa coruñesa, poetisa, violinista, filóloga, mestra, tradutora… Aprendemos moito e gustounos moito coñecela. Esperamos que vos guste tanto coma a nós.
Na etapa da ESO e bacharelato, o teatro do colexio foi o escenario onde se proxectaron as creacións máis orixinais dos videopoemas elaborados polo alumnado e o vídeo gañador do noso concurso Sabías que?”. Actuacións musicais e unha breve banda deseñada sobre a biografía de Luísa Villalta intercaláronse coa entrega dos premios do certame literario das Letras Galegas.
Desexámosvos a todos un feliz día das Letras Galegas!
Previous articleFestexando con 2º Bto., xa son antigos alumnos!
Next articleViaxe fin de etapa EP