Festexando con 2º Bto., xa son antigos alumnos!

6
O pasado venres celebramos no noso colexio a despedida dos nosos alumnos de 2º de bacharelato. A partir de agora xa son antigos alumnos salesianos, distinción  simbolizada coa insignia que se lles entrega na cerimonia. Como dixeron os propios alumnos no seu discurso no teatro, o sentimento de pertenza a este cole o seguirán a levar dentro, e este seguirá a ser o seu cole, a súa casa.
Desde o centro, como xa vos transmitimos no acto, desexámosvos toda a sorte nesta nova etapa que emprendedes, lembrarémosvos con moitísimo agarimo!
Moitas grazas familias, por esta andaina xuntos!

Previous articleCiencia na Rúa
Next articleCreamos Letras Galegas para celebralas!