
Que teñen en común Lady Gaga e Beethoven? Como identificar trazos estilísticos e as distintas partes dunha obra musical, moderna ou clásica? Cales son os principais instrumentos electrónicos?
A estas e a outras moitas cuestións fóronlle dando resposta os alumnos de 3º ESO no concerto didáctico organizado por Javier Otero Neira e que tivo lugar no Palacio da Ópera.
Pasárono en grande e aprenderon moito tamén nesta clase especial de música, esta vez fóra da aula.



