Compartindo os agasaios do Nadal

17

O primeiro venres de cole, tras as vacacións do Nadal, os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria desfrutaron dunha estupenda tarde de xogos compartindo algúns dos agasaios que recibiron nestas datas. Foi moi divertido descubrir novos xogos e ter unha oportunidade máis para convivir todos xuntos, alumnado e profesorado, no tempo de lecer!

Deixamos unha galería de imaxes para que poidades ver o ben que o pasamos.

 

Previous articleResumo actividades 1º Trimestre
Next article3º ESO desfruta do proxecto musical Xogo de Espellos