Unha viaxe aos primeiros anos de Picasso na Coruña

9

O alumnado de 3ºEP visitou a Casa Museo Picasso, percorrendo as súas estancias e descubrindo anécdotas divertidas e historias increíbles da vida do artista. Achegáronse aos seus primeiros debuxos, aos seus comezos como pintor e ao vínculo tan especial que o une á nosa cidade da Coruña, todo isto moi ben explicado polos guías do museo. A visita completouse coa exposición itinerante de Leandro Lamas. Unha experiencia chea de arte, historia e inspiración!
Unha oportunidade única de aprender fóra das aulas!

Previous articleActividades da Oficina de Consumo para Infantil e Primaria
Next article1º ESO participa no obradoiro «As redes e as súas redes»