Excursión de fin de curso 1º, 2º, 3º ESO e 1º Bto.

64

O alumnado desfrutou dunha divertida excursión de fin de curso ao Aquapark Cerceda, onde pasou unha xornada de convivencia para celebrar o final do curso académico.

Os estudantes compartiron actividades, momentos de lecer e moita diversión nas diferentes atraccións do parque acuático. A excursión permitiu reforzar a convivencia entre compañeiros e despedir o curso nun ambiente festivo e cheo de alegría.

Con esta saída, e a poucos días do final de curso escolar xa están case preparados para unhas merecidas vacacións. Só quedan os útlimos días de curso e… Feliz verán para todos!

Previous articleFEIRA DE PROXECTOS 2026
Next articlePremio literario, Castelo de Vimianzo e batáns do Mosquetín