
Este sábado, na Domus, un grupo de alumnas de 4°ESO participaron no concurso “Imaxina Coruña” presentando o proxecto “Deseño dun bioplástico con base en algas e estudo das súas propiedades”.
Alén de desfrutar presentando as súas conclusións ao público asistente á Domus, tamén se viron recompensadas co premio ao proxecto máis innovador.
O premio consiste nun cheque de 500€ para gastar en material educativo e unha viaxe para todo o equipo a Bilbao co obxectivo de competir co seu proxecto, a nivel nacional, na Feira de Ciencias de Bilbao (Zientzia Azoka) o 7, 8 e 9 de Mayo.
Parabéns ás mozas polo seu traballo!!!



