
Hoxe, un grupo dos máis maiores da ESO compartiron con péquelos de 4° de EI unha mostra dos contos audiovisuais que estiveron realizando para eles. Contos infantís sobre inventos científicos ou industriais que son protagonistas da nosa Historia provocaron o entusiasmo dos máis pequenos. Esas caritas cheas de ilusión foron a mellor das recompensas ao bo traballo realizado polo noso alumnado de 4° ESO.
Unha actividade de aprendizaxe-servizo interetapa para formarnos como PROTAGONISTAS DA NOSA HISTORIA!



