Adestramentos oficiais para os exames de Cambridge

275

Esta semana na nosa actividade extraescolar de PAIS non hai exames… hai adestramentos oficiais! Sabemos que os exames oficiais de Cambridge de maio impoñen un pouquiño, así que puxémonos o “mono de traballo” para ensaiar a tope.

O obxectivo? Que cando chegue o exame de verdade, o noso alumnado se sinta como na casa. Estamos practicando como dominar os nervios, como gañarlle o pulso ao reloxo e, sobre todo, lembrándolles que son capaces disto e de moito máis.

Bo traballo!

Previous articleMANS UNIDAS, DECLARA A GUERRA Á FAME
Next articleProtagonistas da nosa Historia: contos que unen etapas