MANS UNIDAS, DECLARA A GUERRA Á FAME

234

Durante os últimos días, a nosa comunidade educativa estivo volcada na Campaña de Manos Unidas 2026, cuxo lema, “Declara a guerra á fame”, nos lembrou que esta é a única guerra que paga a pena librar.

Ademais das distintas actividades de sensibilización, ao longo da semana pasada e desta semana, contamos coa “Tendiña Solidaria”, un espazo onde o alumnado puido mercar produtos de Manos Unidas e cuxa recadación contribúe directamente á campaña.

O mércores 25 de febreiro celebramos un dos momentos máis significativos da campaña co xesto do Bocata e o Biscoito Solidario. Todo o alumnado, xunto co profesorado e o persoal do centro, participou activamente nesta iniciativa, colaborando con Manos Unidas.

Tras a comida solidaria, compartimos un tempo de convivencia moi especial entre alumnado e profesorado, gozando xuntos dunha animada partida de kin-ball, un momento perfecto para reforzar a unión e os valores que nos inspiran nesta campaña.

Queremos facer unha mención especial ás empresas IPASA e Hijos de Rivera, cuxo apoio e colaboración foron importantes para o desenvolvemento desta campaña. A súa implicación co noso centro e con esta causa solidaria demostra o impacto positivo que podemos xerar cando traballamos xuntos por un mundo máis xusto e equitativo.

Agradecemos a toda a comunidade educativa, en especial ás familias, pola súa colaboración e participación nesta actividade, que non só nos permite achegar o noso gran de area a quen máis o precisa, senón que tamén nos axuda a medrar en valores de solidariedade, empatía e compromiso social.

Grazas a todas e todos por facer destes días un gran exemplo de xenerosidade e compañeirismo!

Previous article2ºBTO visita o INBIC
Next articleAdestramentos oficiais para os exames de Cambridge