8M Día Internacional da Muller

101

Con motivo desta celebración, os nenos e nenas de infantil quixeron homenaxear  a diferentes mulleres importantes. Os máis peques de 3 anos, fixérono a través dun mural coas fotos das súas mamis e falaron do que máis lles gustaba delas. Os de 4 anos centráronse nas avoas, persoas moi importantes nas súas vidas, e que se merecen todo o recoñecemento por todo o que nos queren e axúdannos e, finalmente, os maiores de 5 anos investigaron sobre diferentes mulleres importantes da historia, entre elas a científica Marie Curie ou a primeira muller piloto Amelia Earhart.

En varios cursos de Primaria, traballamos e reflexionamos sobre o día da muller. En 4° EP aproveitaron que estaban a traballar a descrición, e escribiron unha carta describindo á muller máis especial para cada un e explicando por que o era. Acompañárono cunha foto ou un debuxo. En 5°EP, estiveron traballando e investigando sobre mulleres relevantes en distintos ámbitos. Coa información de cada unha realizaron un pequeno mural que expuxeron no seu corredor. Un gran traballo mozas e mozos. Parabén!

Previous articleO noso alumnado certifica a súa Competencia Dixital
Next articleAula Maker: o corazón do proxecto Polos Creativos