Os salesianos son os titulares do noso colexio e Don Bosco o seu fundador.
Xoán Bosco nace o 16 de agosto de 1815 en I Becchi, caserío de Castelnuovo d’Asti (hoxe Castelnuovo Don Bosco)
A súa familia é de humildes campesiños. Queda orfo de pai aos dous anos. A súa nai Margarita sácao adiante, ensinándolle a traballar a terra e a ver a Deus nas realidades da vida.
Os nove anos un misterioso soño marca a súa vida. O seu camiño queda orientado para ser sacerdote. Xa como sacerdote Don Bosco chega a Turín en 1841 en plena revolución industrial. Don José Cafasso, o seu director espiritual, dálle este consello:
“Camiña e mira ao teu redor”. É así como o mozo sacerdote explora a miseria humana. Sacudíndoo con forza.
Os suburbios de Turín, cidade industrial, eran fervedoiros xuvenís, focos de perversión e de pelexas, verdadeiras zonas de desolación. Adolescentes sen traballo e aburridos vagabundeaban polas súas rúas. As cárceres impresionábanlle de maneira sobrecolledora. Sae delas totalmente decidido: “Como sexa, debo facer o imposible para evitar que encerren nelas a rapaces tan mozos”.
Moitos párrocos da época esperaban que os mozos emigrantes foran as súas igrexas e sancristías a recibir a catequese tradicional. Outros tentaban probar novas formas de apostolado, un apostolado volante indo directamente a fábricas e talleres, comercios, e prazas. Don Bosco é un deles. A partir de 1841 comeza a acoller na súa casa, no Oratorio, aos primeiros mozos da rúa.
Dende ese momento o número de nenos e mozos acollidos por Don Bosco comezará a medrar exponencialmente porque moitos rapaces non teñen a onde ir a durmir. A súa primeira bienhechora é a súa nai, Margarita, pobre campesiña analfabeta que ten por aquel entón 59 anos, deixa a súa casa na aldea e acompaña ao seu fillo. Encargarase da cociña e da roupa dos mozos. Máis de un daqueles mesmos rapaces que teñen a Don Bosco como pai e mestre, queren chegar a ser como el.
O fin do seu sistema preventivo resúmese en acadar que os nenos e xóvenes sexan "bos cristiáns e honrados ciudadáns"
San Xoan Bosco
Fundador da Sociedade de San Francisco de SalesE así nace a Congregación Salesiana co nome de Sociedade de San Francisco de Sales. En outono de 1853 empezan a funcionar en Valdocco os primeiros talleres. Don Bosco en persoa é o primeiro mestre. Despois de estender a Congregación e o seu Sistema Preventivo por todo o mundo (Italia, Francia, España, Arxentina,…), Don Bosco more o 31 de xaneiro de 1888.
Unha das súas últimas frases está dedicada a quen máis amou: “Decídelle os meus rapaces que os espero no Paraíso”. Hoxe os Salesianos están presentes en 134 países. Don Bosco movido por o Espírito Santo deu vida a varias forzas apostólicas e a un amplo movemento de persoas, que de diferentes maneiras, traballan a favor dos mozos e das clases populares.