
Hoxe o noso colexio viviu unha xornada moi especial coa celebración das eleccións ao Consello Escolar, nas que o alumnado, as familias e o profesorado tiveron a oportunidade de elixir os seus representantes.
Esta actividade permitiu poñer en práctica valores fundamentais como a responsabilidade, o compromiso e a convivencia democrática. A través das votacións, toda a comunidade educativa puido exercer o seu dereito a tomar parte nas decisións do Consello Escolar, o órgano colexiado de participación, goberno e control dos centros educativos non universitarios.
Ademais, esta xornada serviu para lembrar que a educación non consiste só en aprender contidos, senón tamén en saber escoitar, respectar as opinións dos demais, tomar decisións e implicarse na vida da comunidade escolar.
Desde o colexio queremos agradecer a todas as persoas que presentaron as súas candidaturas e a todas aquelas que participaron neste proceso electoral.
Porque un colexio mellor constrúese coa colaboración, a ilusión e o compromiso de todos e todas!
O noso cole construímolo entre todos e todas porque… Esta é a túa casa!



