2º e 3º ESO vive o musical LÚA

346

O alumnado de 2º e 3º de ESO asistiu ao musical LÚA no Palacio da Ópera, unha proposta escénica da Orquestra Sinfónica de Galicia que combina música en directo, narración e imaxinación. O espectáculo invitou a reflexionar sobre os soños, as emocións e a importancia de seguir o propio camiño. Desde o colexio, agradecemos á OSG o seu excelente traballo e a oportunidade de vivir unha experiencia cultural tan especial.

Previous articleO alumnado do colexio vive un tempo de reflexión e novos comezos nas celebracións da Reconciliación
Next articlePor que estudar Bacharelato Dual Americano no noso centro?