
Nas últimas semanas, o alumnado de 4º da ESO participou en tres sesións de titoría centradas na prevención de condutas de risco. As actividades foron impartidas por unha profesional de ADAFAD, que acudiu ás aulas para desenvolver o taller “O valor do non, paso!”.
Ao longo das sesións, o alumnado traballou sobre os perigos asociados ao consumo de drogas, alcohol e bebidas enerxéticas… recibindo información clara e adaptada á súa idade. Ademais, reflexionaron sobre a influencia que o grupo e o entorno poden exercer nas decisións persoais, aprendendo estratexias para manter unha postura crítica e saber dicir “non” ante situacións de presión social.
A participación foi moi activa e o alumnado tivo a oportunidade de tratar estes temas dun xeito directo e próximo.
Desde o centro agradecemos a colaboración de ADAFAD e destacamos a importancia de continuar promovendo accións educativas que favorezan hábitos de vida saudables e decisións responsables.



