
A voz da infancia soa forte!
A semana pasada, un grupo de 140 escolares de 5º e 6º de Primaria de diferentes colexios da cidade tomaron o pleno municipal da Coruña e alzaron a súa voz contra a violencia dixital no marco do Día Internacional da Infancia.
Foi un acto de responsabilidade, participación e conciencia: os nosos pequenos demostraron que teñen moito que dicir e que a educación e o respecto tamén pasan por iso.
Do noso centro participou un grupo de 26 alumnos e alumnas de 6º, uns como público e outros como voceiros para expoñer o traballo realizado nas aulas sobre o tema.
Desde aquí, todo o noso apoio e orgullo pola súa valentía e compromiso!









