
Agardámosvos este sábado día 15 para participar no Diabetes Basket Fest de 16 h a 19 h no noso pavillón polideportivo dos Salesianos!!
Unha actividade organizada pola nosa ANPA en colaboración con ANEDIA, o Concello da Coruña, o Club Deportivo Salesianos, o centro xuvenil Abeiro, a asociación de antigos alumnos salesianos e co patrocinio de distintas empresas que podedes ver no cartel do evento.
Unha tarde de deporte, xogos, sorteos e merenda conxunta para concienciarnos e conmemorar o Día Mundial da Diabetes.
Inscrición en info@anedia.gal ou nos teléfonos 644 97 14 54 // 644 31 95 95.



