Campaña do Domund

86

Dende a semana pasada, toda a casa Salesiana estamos en plena Campaña do Domund. Todo o alumnado e profesorado do centro estamos a sensibilizarnos sobre a importante tarefa dos misioneiros. Deste xeito, unímonos a toda a Igrexa, que celebrou este Domingo Mundial das Misións, promovido especialmente a través de Obras Misionais Pontificias.

Para colaborar coas misións, o alumnado e as familias están aportando cartos mediante o sobre do Domund. Ademais, haberá oportunidade de colaborar tamén co magosto solidario que se realizará cara final de mes e como peche deste campaña.

Animámosvos a seguir colaborando neste tipo de iniciativas solidarias, tan importante nos nosos días e para a educación dos nenos e nenas.

Previous articleDesfrutando dos primeiros días no cole de maiores
Next articleConvivencias 1º da ESO