
Onte, día 24 de setembro, tivo lugar a inauguración oficial do curso 25-26. Comezamos no teatro cunha presentación fotográfica do curso pasado e logo continuamos coa celebración colexial no patio. Foi moi emotivo pois demos a benvida especialmente aos nenos e nenas que comezan a súa andaina no noso centro. Para terminar a mañá fómonos todos xuntos cara á zona da Torre de Hércules onde, agrupados por cursos, participamos en xogos grupais para fortalecer os lazos de unión.
Este ano todos e todas seremos PROTAGONISTAS DA HISTORIA, unha historia que comeza cun curso cheo de amizades, soños e moitas aventuras.
ACOMPAÑÁDENOS!!



