Viaxe a Reino Unido de 1º e 2º ESO

169

A rapazada de 1º e 2º de ESO inaugura o curso 25-26!!! Do 25 de agosto ao 3 de setembro un grupo de 21 alumnos e alumnas, acompañado polas profesoras Rebeca Blas e Tania Añón, gozou dunha estadía de inmersión lingüística en Berkshire, preto de Londres. Visitamos Reading, onde hai un mural de Bansky. Fomos de visita a Londres!!! Coma sempre, a cidade sorprende. Houbo sesión de disco, e o domingo Legoland!!! Non mentimos ao asegurar que foron días fantásticos! Tal e coma di o lema deste curso, “Protagonistas da historia”, de seguro que esta experiencia formará parte da nosa historia persoal e grupal!

Previous articleComezando o curso 2025-2026!
Next articleInformación importante en Educamos, plataforma educativa