Viaxe fin de etapa 6º EP

98
Durante catro emocionantes días os alumnos/as de 6°EP xunto cos seus mestres/as vivimos unha das mellores experiencias que hai na vida: viaxar. Percorremos moitos quilómetros ata chegar aos nosos destinos, pero sen dúbida, mereceu a pena e máis co noso condutor Juanma.
A nosa primeira parada foi no Retiro, coñecido como o pulmón verde de Madrid. Alí puidemos gozar da beleza dos seus xardíns, da música que nos ofrecían, paseamos polo estanque vendo aos patos, cisnes e barcas.
Unha vez terminada a visita, dirixímonos ao aloxamento do Plantío (albergue María Auxiliadora) onde fomos recibidos e atendidos de maneira excepcional, coidándonos e consentíndonos todos estes días.
Un dos momentos destacados da viaxe foi a visita ao parque temático Puy Du Fou, onde tivemos a oportunidade de mergullarnos na historia a través de espectáculos impresionantes e desta maneira, aprendiamos sobre diferentes épocas e acontecementos históricos. A calor era moito, pero os aspersores do parque, os ricos granizados e xeados e a motivación por seguir vendo espectáculos, fixo que o levásemos moi ben. Realmente, todo o que nese parque ocorreu, deixounos unha gran impresión quedando sorprendidos e con ganas de repetir.
O centro de Madrid foi outro dos puntos destacados na viaxe. Visitamos o Museo das Ilusións, onde nos penetramos nun mundo de enganos visuais e experimentamos ilusións ópticas sorprendentes. Ademais, percorremos emblemáticos lugares como o Palacio Real e a catedral da Almudena. Vimos tamén a porta de Sol, o Km 0, os símbolos de Madrid: o oso co érbedo, a praza Maior e o congreso dos Deputados. A comida deste día no Mcdonalds foi xenial.
Pola tarde, esperábanos unha gymkana pola cidade para descubrir o Madrid dos Austrias. Dividímonos en 2 grupos e fomos superando probas pola cidade e coñecendo moitos detalles novos da súa historia. Foi unha actividade estupenda.
Alá onde iamos comprabamos lembranzas, compartiamos xogos, bailes e cancións. Mesmo tivemos unha festa nocturna divertidísima con moita música, chuches e snacks variados. Todo foi incrible!
En conclusión, esta viaxe foi unha experiencia enriquecedora e gratificante en todos os sentidos. Ao longo dos catro días, os nenos/as demostraron un excelente comportamento, respecto e compañeirismo. Os mestres que os acompañamos tamén gozamos o compartir esta viaxe con eles, creando un ambiente de aprendizaxes, diversión e coñecéndonos máis. Foi unha viaxe inesquecible que lembraremos sempre.
Só quédanos desexarlles moita sorte a este estupendo grupo que finaliza unha etapa e comeza un novo camiño na ESO. Os vosos mestres/as de Primaria botarémosvos de menos.
Previous article3º ESO coñecendo o voluntariado
Next articleÉxito na nosa Feira de Proxectos