
Onte vivimos unha xornada moi especial no noso cole! Os alumnos de 1° de bacharelato visitamos con moita alegría TERANGA, outro dos ambientes salesianos que atenden a poboación inmigrante. Xuntos afondamos no significado da celebración das nosas Letras Galegas, e que mellor maneira de facelo que coa nosa música tradicional? Os nosos alumnos deleitaron a todos cunha actuación chea de sentimento e orgullo pola nosa cultura. Foi un encontro precioso de aprendizaxe e convivencia!



