
O alumnado de Educación Infantil, para celebrar o día do libro, fixemos un tendal coas portadas dos nosos libros preferidos. Fomos escollendo e colgando. Tamén elaboramos un marcapáxinas e recreamos o conto dos Tres Porquiños.
Todos os nenos e nenas de primaria trouxemos ao cole os nosos libros e contos favoritos. Traballámolos en cada aula e explicamos aos demais de que trataba e porqué gustábanos.
Ademais, puidemos baixalos no recreo para ensinarllos e compartir un tempo de lectura cos compis da nosa clase e do resto de clases.
Encantounos descubrir novas aventuras en tantos libros que coñecemos, xa que non o esquezades, “ler, é soñar cos ollos abertos”.
O alumnado de 1º de Bacharelato celebrou o día do libro cunha pequena homenaxe a Cervantes e o seu Don Quixote. Ao plasmar o que descubrimos nas infografías entendemos mellor o valor desta obra.



