Día de Ed. Física na rúa

130

Un ano máis participamos no día da Educación Física na Rúa. Volvemos tomar “” a Praza de María Pita, para compartir unha xornada cos nosos compañeiros de 5° e 6° doutros colexios de Coruña e ensinarlle á cidade como outro tipo de Educación Física é posible. Buscamos transmitir como o pasamos buscando e practicando diferentes deportes, xogos do mundo e mesmo deportes inventados por nós para fomentar a inclusión. Foi un día estupendo e moi enriquecedor. O curso que vén volveremos aínda con máis ganas.

Previous article4º EI na biblioteca municipal
Next articlePresentación do Bacharelato Dual Americano curso 2025-2026