
Ao longo das semanas pasadas, cada clase de 4º a 6º de EP, ESO e bacharelato viviron un momento moi especial. En tempo de Coresma pensamos que actitudes fan que o noso corazón sexa de pedra e como podemos cambialo. Nun simbólico “corazón de carne”, escribimos actitudes como o respecto, a solidariedade ou o perdón, que nos inspiran a construír un futuro mellor, onde a empatía e a comunicación anímanos a ofrecer axuda a quen o necesite.
Moitas grazas a todos os que fixeron destes momentos algo tan significativo. Sigamos traballando xuntos por unha convivencia máis humana e positiva!



