Visita ao Parlamento e ás Cubertas da Catedral

92

O alumnado de 2º ESO, dende a asignatura de Xeografía e Historia, realizou unha saída cultural o 26 de febreiro para coñecer dous dos lugares máis emblemáticos da nosa comunidade: o Parlamento de Galicia e as cubertas da Catedral de Santiago.

A visita comezou ás 10:00 horas no Parlamento de Galicia, onde os alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de descubrir o funcionamento desta institución e a súa importancia no marco político e histórico de Galicia. Durante a visita, profundaron no papel do Parlamento e no valor da democracia.

Ás 16:00 horas, o grupo trasladouse ás cubertas da Catedral de Santiago, un espazo único dende o que se pode contemplar unha vista panorámica impresionante da cidade compostelá. Esta visita permitiulles conectar co patrimonio histórico e relixioso de Santiago, pechando un día cheo de aprendizaxe e experiencias inesquecibles.

Esta actividade, organizada dende o departamento de Xeografía e Historia, ten como obxectivo complementar a formación do alumnado e achegarlle de forma práctica e visual os contidos traballados en clase.

Agradecemos a todos os participantes e profesores acompañantes por facer desta saída unha experiencia enriquecedora e memorable.

Previous articleEntroido
Next articleO alumnado de 4º EP entrevista aos peques de 4º EI.