O noso centro florece coa poesía de Rosalía de Castro

124

Este luns, o noso colexio sumouse á celebración do Día de Rosalía de Castro cunha iniciativa artística e literaria que encheu de cor e versos un dos soportais do noso patio. Todo o alumnado, dende Infantil ata Bach, participou na creación dun mural colectivo que representaba un xardín simbólico inspirado na obra da ilustre poeta galega.

Baixo o título “Din que non falan as plantas”, un verso extraído dun dos seus poemas, o mural converteuse nun espello da natureza e da palabra que Rosalía tanto amou. Os alumnos decoraron o xardín con flores de papel feitas a man, cada unha delas adornada con versos escollidos de poemas como “Adiós, ríos; adiós, fontes” ou “Cando penso que te fuches”.

Sen dúbida, unha actividade que demostra que, aínda que as plantas “non falan”, a voz de Rosalía de Castro segue a reverberar nas novas xeracións a través da beleza da poesía.

Aquí tedes unha pequena mostra do proceso de creación do noso mural:

Previous articleVisita al Museo de Bellas Artes
Next articleTitoría Adafad, prevención de drogas e adiccións.