
O pasado xoves 30 de xaneiro, toda a comunidade educativa do colexio uniuse para celebrar o Día Escolar da Non Violencia e a Paz cun acto simbólico e cargado de significado. Alumnos e profesores participaron nunha actividade especial que xiraba arredor da temática do tempo, en conexión co lema do curso: “Somos futuro”.
Unha mensaxe a través da música e do símbolo do tempo
A xornada comezou cunha dinámica na que se reflexionou sobre a importancia do tempo na construción dun mundo máis pacífico e xusto. Como fío condutor, utilizouse a canción “La vida es hoy” de Gonzalo Hermida, que nos lembra a importancia de vivir o presente con plenitude e esperanza:
“Que o medo non decida, que decidan as ganas.
Que o mundo non xire se ti non o xiras.”
Tras esta actividade inicial, toda a comunidade educativa reuniuse no pavillón para compartir un momento especial. Alí, leuse un manifesto pola paz, estruturado en 12 elementos clave, cada un representando valores esenciais como a solidariedade, o respecto, a empatía e a xustiza.
A pomba da paz, símbolo do noso compromiso
A medida que avanzaba a lectura do manifesto, os participantes foron descubrindo unha gran pomba da paz que permanecía oculta tras un queixiño de Trivial cheo de cores. Ao completarse o acto, a imaxe final tomou a forma dun gran reloxo, coa pomba no centro, lembrándonos que a paz non é só un ideal, senón un compromiso diario que debemos construír con cada segundo da nosa vida.
“Que importante é o tempo!”, temos a certeza de que cada pequeno xesto conta para construír un mundo mellor.
Unha vez máis, o colexio viviu un Día da Paz cheo de significado, recordándonos que o futuro se constrúe coas decisións do presente.



