
Que teñen que ver os videoxogos, películas como Harry Potter, Origen, Dentro del laberinto ou series coma Futurama, Os Simpsons… coas obras de Escher? A estas cuestións e a moitas outras lle demos resposta o alumnado de Expresión Artística de 4ºESO na súa visita á exposición e obradoiro Converxencia, Arte e Ciencia, organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña.
Descubrimos a obra de Escher e a súa base matemática, facendo reflexións simétricas, traslacións e xiros sobre partes da obra de arte.
O obxectivo foi experimentar, unha vez máis, as sinerxias e vínculos entre a arte e a ciencia, unha maneira de traballar a ciencia e a arte en proxectos conxuntos, que impliquen ámbolos dous polos nun enfoque interdisciplinar, propiciando o tratamento STEAM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas) na aula.



