
Os pasados xoves e venres, os maiores de Infantil, o alumnado de 5 anos, visitamos o Parque de Bombeiros de A Coruña. Foi un gran acontecemento que tiñamos marcado no calendario e por fin chegou o gran día.
Puidemos percorrer as instalacións e amosáronnos algúns dos aparellos que empregan cando necesitan apagar un lume. Explicáronnos, entre outras cousas, que levan roupa especial. E incluso, puidémola probar. Ademais, tamén nos ensinaron os diferentes camións de bombeiros e puidemos montar nun deles.
E o final encantounos, puidemos utilizar a mangueira.
Disfrutamos moito desta saída tan divertida!
Deixámosvos algunhas fotiños para que poidamos velas.



