Festa de Samaín, Castañas e Domund

539

Hoxe, mércores 30 de outubro, celebramos unha tarde de festa todas as etapas do centro. Unha xornada interetapa que xa é unha tradición no Centro e que o alumnado espera con ganas.

Esta festa chega tinguidada polas referencias ao Halloween na cidade, nos medios de comunicación, etc. Con todo, queremos ir máis alá, implicando a toda a comunidade educativa, promovendo que, desde a nosa cultura celta, celebremos a festa de Samaín (antecedente europeo da festa de Halloween), e enmarcámola tamén dentro da campaña do DOMUND (con carácter solidario).

A xornada comezou coa entrega de premios do concurso de cabazas, que gañaron Mateo, Clara e Icía en Infantil e Hugo, Iago e Irene en Primaria; os vocais de campaña de ESO e Bacharelato tamén pasaron recollendo os cartos que os compañeiros de Infantil e Primaria recadaron durante estes días de campaña do DOMUND.

Pola tarde, xuntouse ao alumnado no edificio de ESO e Bacharelato, onde os maiores acolleron nas súas aulas, previamente decoradas, aos máis pequenos. Coa representación dalgunha obra de teatro ou conto, os alumnos de secundaria explicaron aos seus compañeiros a contextualización desta festa e xuntos decoraron man a man os recipientes para as castañas. Unha tarde compartida creando complicidade e lazos entre pequenos e maiores.

Xa no patio, nun primeiro momento todo o alumnado, profesorado e persoal do Centro, e a continuación xunto ás familias, degustamos todos as castañas e finalizamos esta xornada de festa e convivencia enchendo o patio de vida, alegría e bo ambiente.

 

Previous articleConvivencia de 6º EP en Cambados
Next articleEste jueves 21, webinar online para familias