Convivencias 4ºESO

133

Alumnado de 4° ESO participa nas convivencias que se levan a cabo no noso albergue. Catro experiencias de impacto: consumo responsable, igualdade, convivencia pacífica ou novas pobrezas foron os temas traballados mediante reflexións de grupo, teatralizaciós…
Todo isto para continuar coa creación de proxectos que se desenvolverán durante o curso para sensibilizar e traballar os temas que eles elixiron de entre as experiencias de impacto.
Formación e tempo libre compartido durante 3 días, que esperamos fosen unha moi boa experiencia e que sirvan tamén para seguir cun forte vínculo de grupo nos nosos alumnos, que levan moitos anos xuntos, e de benvida e cálida acollida no grupo para o noso alumnado novo este curso.

Previous articleEntrega de certificados oficiales de Cambridge
Next article1ºESO revive a súa etapa en EI