3ºESO convivindo no Camiño de Santiago

133
A pesar de que o tempo non quixo acompañar aos alumnos de 3° da ESO nas súas convivencias, sumando máis dificultade ao camiño de Santiago do habitual, lograron con moito mérito chegar á meta con esa alegría e bo ambiente que os caracteriza. Ademais tiveron a oportunidade de convivir nos últimos momentos cos coles de Ourense e Cambados aproveitando tamén para establecer novas amizades.  Moito cansazo, molestias nos pés, pero moita máis forza de vontade e compañeirismo. Iso sería o resumo perfecto desta gran pequena aventura!

 

 

Previous article¡Estrenamos cocina en el cole!
Next articleAlumnado de bacharelato visita o CITEEC