Festa de María Auxiliadora

122

¡Chegou o día da festa de María Auxiliadora, un gran día no noso centro!

Iniciamos a xornada de festa colexial cunha celebración moi especial no patio, ao redor de María moi, onde participamos todos xuntos dende os pequenos de infantil ata os maiores de bacharelato.  A continuación seguiu o reparto da tradicional merenda especial deste día. 

Despois da degustación da merenda, os nenos e nenas de EI EP tivemos a velada, cuns números moi lucidos, que nos encantaron a todos e todas. Noraboa polo traballo e a preparación. 

Na ESO e Bacharelato, participamos dunha apaixoante xincana de xogos entre todas as clases, onde a deportividade, a animación dos compañeiros e compañeiras e a diversión foi continua.  

Ao final da mañá, era a cita da final de Interclases, un torneo de fútbol no que todas as clases de ESO e bacharelato estiveron participando ao longo das últimas semanas.

Pola tarde, os nenos e nenas de EI e EP tivemos as finais dos Mauxitorneos que viñemos realizando nos recreos do mes de maio. A continuación, estivemos desfrutando dunha tarde de xogo empregando os xogos preparados dende a área de Educación Física. 

Un día cheo de xogos, actuacións no teatro do cole, festa e ledicia co que facer piña cos nosos compañeiros e celebrar María Auxiliadora, un día noso que queda na memoria con agarimo do paso pola Casa Salesiana, segundo din os antigos alumnos. 

Aquí tedes un recopilatorio dalgúns dos momentos do día.

Celebración conxunta:

Velada no teatro do colexio E.Infantil-E.Primaria:

Xogos e deportes E.Infantil-E.Primaria:

Finais dos MauxiTorneos:

Xincana de ESO-Bacharelato:

Final de Interclases ESO-Bacharelato:

Previous articleItinerario celebrativo EP
Next article¡Cuatro alumnas a la semifinal mundial de un concurso tecnológico!