Semana do Libro

15

Esta semana, para conmemorar o día do libro, levamos a cabo unha chea de actividades en todas as etapas. Compartimos un recompilatorio:

Na etapa de educación infantil, con motivo do día do libro, levamos a cabo unha serie de actividades que promoven a lectura.

Ao longo de toda a semana puidemos gozar da bibliopatio. Un carriño cunha chea de contos para follear e ler durante o tempo de recreo.

Os alumnos de 4 e 5 anos puideron gozar, polas tardes, de contacontos a cargo das súas familias no patio do cole. Grazas a todas as familias pola vosa participación. Foi unha semana marabillosa!

Os de 3 anos tiveron a gran sorte de recibir nas súas aulas aos alumnos de 5º e 6º de primaria, que lles leron contos moi divertidos.

Para concluír coas actividades, os alumnos de 4 e 5 anos traballaron nas aulas a historia da Lenda de San Xurxo e os máis pequenos prepararon varios monicreques de contos tradicionais.

Na etapa de educación primaria, contámosvos o que fixemos de seguido:

1º ciclo: O martes 23, os nenos e nenas de primeiro e segundo, celebramos o día do libro cunha tarde completiña de diversión. Visitamos de novo a biblioteca do cole, elaboramos un Elmer xigante, escribindo os títulos dos nosos contos favoritos, escoitamos “El paraguas de Cebra” e rematamos a tarde facendo o noso paraugas.

2°Ciclo:En terceiro e cuarto, convidamos ás familias das nosas aulas a pasar unhas tardes de lectura compartida. Cada día de martes a venres pasaron familias de cada clase a ler e facer actividades realcionadas coa lectura connosco. Encantounos e estamos desexando repetir. Moitas grazas por vir ao cole, familias!

3°Ciclo: En 5° e 6° estivemos a preparar uns contacontos para visitar e lerlles aos compis máis pequenos do cole, aos nenos e nenas de 4° de infantil. Ao inicio de cada tarde desta semana, achegámonos dous grupiños por día ás aulas de 3 anos para facer eses contacontos. Encantounos poder estar cos nenos e nenas de infantil e poder estar nun ratiño nas aulas nas que comezamos no cole e que había tempo que non visitabamos. Ademais, levámoslle de agasallo unhas “lentes atopaletras” e eles tíñannos preparados uns libros coa seus debuxos e traballos. Estamos desexando repetir a experiencia!

Na etapa de educación secundaria, creamos un conto e fómosllo a contar aos nosos compañeiros de 1º e 2º de educación primaria.

Previous articleViaxe de estudos por Italia
Next article4º ESO-Viaxe de estudos a Madrid